Novas

02/04/2020
02/04/2020 REUNIÓN ORDINARIA XUNTA FACULTADE TELEMÁTICA

Seguindo as instrucións do Sr. Decano, convócase Reunión Ordinaria da Xunta de Facultade de Ciencias da Educación, que terá lugar a través da aplicación Teams o vindeiro xoves 2 de abril de 2020, ás 11.30 h. en primeira convocatoria e ás 12.00 h. en segunda, coa seguinte orde do día:

ORDE DO DÍA
 

  • 1. Lectura e aprobación, se proceder, da Acta da sesión anterior (13 de febreiro).
  • 2- Informe do Decano.
  • 3- Proposta de modificación e aprobación, se proceder, do nomeamento da coordinación do Grao en Educación Primaria.
  • 4- Aprobación, se proceder, da memoria do título do Grao Aberto de Ciencias Sociais e Xurídicas.
  • 5- Aprobación, se proceder, da memoria xustificativa e económica do Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.
  • 6- Asuntos de trámite
  • 7- Quenda aberta de intervencións.

 

A Coruña,31 de marzo de 2020

A secretaria académica
Montserrat Durán Bouza

Accédese á Acta da sesión anterior, á listaxe de asistencia, e a documentación a tratar nos puntos da orde do día PREMENDO AQUÍ



Recomendamos que ao inicio da sesión manteñan pechados o micro e a cámara, e que a palabra se pida a través do Chat.

Para as posibles votacións estarán habilitados formularios anónimos que permitan unha participación fiable.