Novas

27/03/2020


Estamos facendo investigación online. Colaboras?

Por mor da corentena xerada polo coronavirus vémonos na obriga de realizar recollidas de datos (enquisas e cuestionarios) online para poder finalizar as nosas investigacións de Traballos de fin de máster. Se te atopas nalgún dos grupos de persoas que indicamos a continuación, ou se alguén próximo a ti o está, agradecémosche que contestes as nosas preguntas e que fagas chegar a ligazón a xente que coñezas e que tamén poida contestar. Todas as respostas son absolutamente anónimas e non se recolle ningún dato que permita identificar a quen contestou. Para participar só hai que picar no título.

Moitas grazas!

- Uso de videoxogos en alumnado de Educación Primaria. Cuestionario para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

- Opinións dos e das adolescentes cara ao consumo de alcol. Cuestionario para alumnado de 1º e 2º de ESO.

- Delitos de alta repercusión social. Cuestionario para adultos residentes en Galicia.